Naceu en Vilalba (Lugo) no 1962. En Santiago cursa estudios de Historia da Arte, de Museoloxía e de Artes e Oficios. Dende 1988 exerce como profesor de Debuxo no Ensino Medio,con destino na actualidade no I.E.S. de Vilalonga (Sanxenxo). Amante do deseño gráfico e da pintura empeza a crear imaxes e a expoñer a principios dos oitenta. Nos últimos anos participa con asiduidade nos certames de pintura rápida, acadando varios premios e recoñecementos. Tamén é de destacar a súa actividade como ilustrador, pois publicáronse recentemente dous textos de Ramón Caride ilustrados enteiramente por Baamonde (Ed. Everest).  
No  ano 2005 publicouse “Tanta Miga e a súa barriga” (Baiaedicións) e no 2006 “Plexiflai non foi ao festival” (Everest); os dous son contos infantís escritos e ilustrados polo propio Baamonde. 
No 2008 publícase Aventura na Mariña; libro promocional desta comarca lucense no que os personaxes creados e debuxados polo propio Baamonde viven unha aventura que serve de pretexto para ensalzar os valores paisaxísticos, patrimoniais, gastronómicos e culturais da Mariña. Este conto profusamente ilustrado foi encargado polas tres Fundacións Comarcais da Mariña e publicado pola Dirección Xeral de Turismo.
No ano 2009 publica "Polo Salnés con Ramón Cabanillas"(CANDEA), un caderno de viaxe no que as acuarelas de Baamonde acompañan os poemas de Cabanillas facendo un percorrido por todo o Val do Salnés.
No 2010 publícanse, tamén en formato de caderno de viaxe, "De acuarelas por Santiago" (CUMIO) no que Baamonde tamén é autor do texto e "Ruta Pardo de Cela" (TRASLUZ LUKUS).



Exposicións individuais

• “Titurel”. A Estrada. (VII-1984).
• “Fardela”. Vilalba. (IX-1985).
• Casa de Cultura. Vilalba. (XII-1990).
• Sala do Concello. Cambados. (XII-1996).
• Casa da Cultura. Vilagarcía de Arousa. (VI-1998) 
• Forte de San Damián. Ribadeo. (VIII-1998).
• EXPO-SALNÉS. Cambados. (XII-1998).
• CAIXA PONTEVEDRA. Pontevedra. (VII-1999).
• Forte de San Damián. Ribadeo (VIII-1999).
• CAIXA PONTEVEDRA. Ponferrada (León) (X-1999).
• Auditorio “Carmen Estévez”. Vilalba (V-2000).
• Forte de San Damián. Ribadeo (VIII-2000).
• Sala do Concello. Cambados (X-2000).
• Sala de exposicións CAIXANOVA. O Barco de Valdeorras (XII-2000).
• Museo MANUEL TORRES. Marín (III-2001).
• Galería BOMOB. Vigo (IV-2001).
• Forte de San Damián. Ribadeo (VIII-2001).
• Sala Juanel. Foz (VIII-2001).
• Galería BOMOB. A Coruña (X-2001).
• Galería SARGADELOS. Pontevedra (XI-2001).
• Parador de Turismo. Vilalba (XII-2001).
• Casa da Cultura. Cangas do Morrazo (IV-2002).
• Galería LEMBRANZA. O Grove (VII-2002).
• Forte de San Damián. Ribadeo (VIII-2002).
• Restaurante-Galería “EL BOTE”. Tapia de Casariego (IX-2002).
• Liceo de Noia (XII-2002).
• Galería ARCANA. Vilagarcía de Arousa (VI-2003).
• Casa de Cultura. Tapia de Casariego (VIII-2003).
• Forte de San Damián. Ribadeo (VIII-2003).
• Galería AMARARTE. Lugo (XI - 2003).
• Galería CIMENTADA. Oviedo (I - 2004).
• Hotel “Puerta del Camino”. Santiago (II - 2004).
• Forte de San Damián. Ribadeo (VIII - 2004).
• Galería BOMOB. A Coruña (X - 2004).
• Casa de Cultura. Vilalba (X - 2004).
• Galería BOMOB. Vigo (XII - 2004).
• CASA DO LIBRO. Vigo (IV - 2005).
• Sala Municipal de Exposicións. Ribadeo (VIII- 2005).
• Exposición de ilustracións no Colexio Alba. Vigo (XII-2005)
• CAFË  ISAAC. Ourense (I-2006)
• Galería LEMBRANZA-SARGADELOS. O Grove (IV-2006)
• Galería AMARARTE. Lugo (VI-2006)
• CASA DAS LETRAS. Ribadeo (VI-2006)
• CLAUSTRO DE SAN FRANCISCO. Viveiro (VIII-2006)
• CASA DA CULTURA. Vilalba (X-2006)
• Galería TRISQUEL E MEDULIO. Tui (III-2007)
• Hotel MI NORTE. Ribadeo (VII/VIII-2007)
• LA AMISTAD. Castropol (VIII-2007)
• Hotel Meliá María Pita. A Coruña (XI-2007)
• Galería ARCANA. Vilagarcía (II-2008)
• Galería SARGDELOS-TORRADO. Pontevedra (III-2008)
• Galería LEMBRANZA-SARGADELOS. O Grove (VII-2008)
• Galería ARTEIMAGEN. A Coruña (IX-2008)
• Galería CHROMA. Vigo (XI-2008)
• Galería MAES (Madrid, III-2011)
• Galería ARTEIMAGEN. A Coruña (XII-2012)
• Pazo Torrado (Cambados) (II-2014)



Exposicións colectivas, premios e recoñecementos.

• Feria de Arte Gráfico ARTEDER. Bilbao.  (III-IV-1981).
• I Mostra de Artes Plásticas, Caixa Galicia. Vilalba. (XII-1987).
• “Novos Valores”. Deputación de Pontevedra. (XII-1989).
• II Bienal de Balconadas. Betanzos. (VII-1990).
• Exposición colectiva de pintura. XXXI Festa dos Pepes. Vilalba (1991).
• Antiguos Paços do Concello. Viana do Castelo. (XI-1995).
• Vila Praia de Ancora. (XII-1995).
• Estación Marítima de Vigo. (VI-1996).
• FEXDEGA, Vilagarcía de Arousa. (VII-1998).
• Artistas do Salnés en apoio a MÉDICOS SIN FRONTERAS. Sala do Concello de Cambados (IV-1999)
• I Mostra da Solidariedade. EXPOSALNÉS. Cambados (XII-1999).
• Selección de obras de “Pintura Rápida”. Casa de Cultura de Vite. Santiago. (I-2001).
• Obras seleccionadas para “Arte no Morrazo”. Cangas (VII-2001).
• Selección de obras Museo Manuel Torres. Marín (III-2002).
• Fondos da Galería José Lorenzo. Santiago de Compostela.
• Obras seleccionadas pola galería Borrón-4 para o Centro Cultural de Cambados. VIII -02.
• Obras seleccionadas para “Arte no Morrazo”. Cangas (VII-2002).
• Accésit II Certame de Pintura Rápida. Concello de Lugo (VII-2002).
• Obra seleccionada por “El Corte Inglés”. Certame de Pintura Rápida de León (VI-2003).
• Accésit III Certame de Pintura Rápida. Concello de Lugo (VII-2003).
• “Nos Eidos da Arte”. C.P. Magariños. Cambados (2003/04).
•“Espacios da Cor”. IES Virxe do Mar. Noia (XII 2003).
• 4 MANS DE PINTURA. OMIC. Ribadeo (IV 2004)
• Obra seleccionada por “EL Corte Inglés” . Certame de Pintura Rápida de León (VI -2004).
• 3º premio no IV Certame Pintura Rápida de Lugo (VII - 2004).
• Accésit III Certame de Pintura Rápida O Courel (VII - 2004).
• Selección de obras I Certame “A ceo aberto”. A Coruña (VI - 2005).
• Obra seleccionada por “El Corte Inglés”.Certame de Pintura Rápida de León (VI - 2005).
• 3º Premio no V Certame de Pintura Rápida de Lugo (VII - 2005).
• Accésit IV Certame de Pintura Rápida O Courel (VII - 2005).
• Selección de obras Sala Rivas Briones. Vilagarcía de Arousa (VIII - 2005).
• ”Imaxes feitas de música”, Sala do Concello. Cambados (VII - 2005).
• 1º premio no 1º certame de pintura ao aire libre de Viveiro (VIII-2005)
• Exposición solidaria CARITARTE-2005. Liceo Casino de Vilagarcía (XII-2005)
• Mostra de Nadal. Concello de Pontecesures. (XII-2005)
• II Mostra da Solidariedade. Exposalnés. Cambados (V-2006)
• Obra seleccionada por “El Corte Inglés”. Certame de Pintura Rápida de León (VI-2006)
• Festival des Aquarelistes. Bagnols-en-Beaujolais. (VII-2006)
• 2º Premio no 2º Certame de Pintura ao aire libre de Viveiro (VIII-2006)
• 4 MANS DE PINTURA. Ateneo de Ourense (XII-2006)
• Exposición solidaria CARITARTE-2006. Liceo Casino de Vilagarcía (XII-2006)
• Exposición da AGPI no Salón do Libro de Pontevedra (II-2007). "O MEDO"
• Obra seleccionada (Exposición e Catálogo) para o II Premio de Pintura Rivas Briones de Vilagarcía (VII/VIII-2007)
• Mistura-3. Exposalnés. Cambados (VII-2007)
• 2º Premio no I Certame de Pintura Rápida de Monforte (VII-2007)
• Exposición solidaria CARITARTE-2007. Sala Rivas Briones. Vilagarcía (XI-2007)
• I Certame de Arte Postal en Chantada (X-2007)
• Colectiva de Nadal. Galería TRISQUEL E MEDULIO. Tui (XII-2007)
• Colectiva de Nadal. Café Xesteira. Ourense (XII-2007)
• Mención de Honra no XVIII Certame de Pintura José Domínguez Guizán. Begonte (I-2008)
• Accésit no I Certame de Artes Plásticas "Os sons de Galicia". Melide (VII-2008)
• Selección I Certame de Pintura Rápida de Monterroso (VII-2008)
• Exposición solidaria CARITARTE. Sala Rivas Briones (Vilagarcía, XII-2008)
• Premio-adquisición no III Certame Nacional de Mini Cuadros "Muz-Martínez"(Alicante, XII-2008)
• Colectiva conmemorativa do ano Cabanillas. Concello de Cambados. (I-2009)
• 4º Premio no II Certame de Pintura ao Aire Libre de Rábade. V-2009
• Artistas do Salnés en homenaxe a Ramón Cabanillas. Centro Comarcal EXPOSALNÉS. Cambados VI-2009
• Accésit no VIII Certame de Pintura Rápida Fonte do Milagro. O Courel. VII-2009
• 1º Premio no V Certame de Pintura Rápida "Alvaro Delgado-UNESCO". Tapia de Casariego. 5-IX-2009
• Accésit no IV Certame de Pintura Rápida Cámara Mineira Galega. Porriño. 12-IX-2009
• 2º Premio no I Certame de Ilustración "A emigración" Homenaxe á Sociedade El Valle de Oro. VII-2009
• Obra seleccionada pola Galería AMAGA (Avilés) na III Bienal de Pequeno Formato. (VI-2010)
• Obra seleccionada (catálogo) na XVIII edición de Arte no Morrazo. Cangas. (VIII-2010)
• Accésit no II Certame de Pintura Rápida. Vilalba (IX-2010)
• Obra selecionada (catálogo) na VI Edición do Certame de Pintura MUFACE (Madrid, XI-2010)
• CARITARTE. Auditorio de Vilagarcía de Arousa (XII-2010
• 1º Premio no II Certame Nacional de Ilustración sobre a Emigración. Asociación "Valle del Oro". Mariña Central (XII-2010)
• Mención de Honra no XXI Certame de Arte Galego "Domínguez Guizán". Organizado pola Deputación de Lugo e a Casa de Cultura de Begonte. (I-2011)
• 3º Premio no IV Certame de Pintura Rápida "Antonio Yebra de Ares" (Monterroso, IV-2011)
• 4º Premio no IV Certame de Pintura Rápida de Rábade (VI-2011)
• 2º Premio no XII Certame de Pintura Rápida de Benavente (VII-2011
• 2º premio no IV certame de pintura rápida "Festa da Istoria". Ribadavia (VIII-2011)

• Finalista no III concurso de Cadernos de Viaxe organizado pola editorial Geoplaneta (XII-2011)
• Mención de Honra no XXII Certame de Arte Galego "Domínguez Guizán". Organizado pola Deputación de Lugo e a Casa de Cultura de Begonte. (I-2012)
• Obra seleccionada (catálogo) no V Certame de pintura Arte Nova Galega-El Corte Inglés.Vigo (I-2012)
• Mención de Honra no VIII Certame de Pintura de Brión (II-2012)
• Accésit no V Certame de Pintura Rápida de Noia (IV-2012)
• Obra seleccionada no XX Certame de Pintura Nicanor Piñole (Asturias) (VI-2012)
• Accésit no V Certame de Pintura Rápida de Rábade (Lugo) (VI-2012)
• Seleccionado para a XIII Biennale de Carnet de Voyage de Clermont Ferrand
• Accésit no VI concurso "Manuel Rebón". Ares (A Coruña) (IX-2012)
• Obra seleccionada no VII Certame Nacional de Minicuadros Muz-Martínez (XII-2012)
• CARITARTE. Sala Rivas Briones. Vilagarcía (XII-2012)
• Accésit no 6º certame de pintura rápida de Rábade (VI-2013)
• Accésit no 1º certame de pintura rápida de Monforte (VIII-2013)
• Finalista no 6º concurso de pintura Manuel Rebón de Ares (IX-2013
• Accésit no 1º certame de pintura rápida de Ourense (VI-2014)
• Accésit no XIV certame de pintura rápida de Lugo (VII-2014)
• Accésit no II Concurso de Pintura Ernesto Goday de O Grove (XI-2014)
• 2º premio no III Certame de Pintura Rápida de Barro (Pontevedra) (VI-2015)
• 1º premio á mellor sesión de bosquexos no I Certame “Dibuja in situ” de Santa Colomba de Somoza (León) (VIII-2015)
• 3º premio no XIX Concurso de Pintura Rápida de Torrelavega (Cantabria) (VIII- 2015)
• Accésit no XI certame de pintura rápida de Bueño (Asturies) (31-X-2015)
• 1º premio no XXVI certame “José Domínguez Guizán” (Begonte-Deputación de Lugo) (XII-2015)
• 1º premio no III Certame de Pintura “Ernesto Goday” (O Grove-Pontevedra) (II-2016)
• Accésit no II Certame de  Pintura Rápida de Ourense (14-V-2016)
• Accésit no IX Certame de Pintura Rápida de Rábade (Lugo)  (22-V-2016)
• 3º premio no IV Certame de pintura rápida de Camariñas (11-VI-2016)
• Accésit no IV Certame de Pintura Rápida de Barro (Pontevedra) (19-VI-2016)
• 1º Premio no XXVI Certame de pintura Bello Piñeiro de paisaxe galego. Mugardos (A Coruña) (VI-2016)
• Accésit no XVI certame de pintura rápida de Lugo (10-VII-2016)
• Accésit no IV Certame de Pintura Internacional ao Aire Libre Fernando Álvarez de Sotomayor. Ponteceso (24-VII-2016)
Accésit no XXXVI certame de Tazones (Villaviciosa-Asturies) (7-VIII-2016)



Murais

• Pub “O Mesón” (interior). As Pontes. 1987.
• Cafetería “A Pravia” (exterior). Vilalba. 1989.
• Centro da Terceira Idade (interior). Poboa de Trives. 1993.
• Políptico de homenaxe a Luis Seoane (interior), xunto co pintor Alfonso Loureiro. Instituto de Vilalonga. 1994.
• Cadro mural para a Sala de Xuntas de “FACOSA”. Ourense. 1997.
• Cadro mural para o Servicio Galego de Colocación (interior). Academia ENSINO. Vilalba (IX-l998).
• Mural “Un Mundo de Maxia” feito na fachada lateral do C.P. Magariños de
• Cambados dentro do proxecto “Nos Eidos da Arte”.
• Cadro mural para o 25 aniversario do I.E.S. de Vilalonga-Sanxenxo
• Intervención no xardín infantil de Vilalba (proxecto VOZ NATURA) (2006)
• Mural interior en dúplex en Vilalba (VIII-2006)
• Paneis para Restaurante Montero en Vilalba (XII-2006) e (IV-2007)
• 2 murais para Restaurante Montero en Vilalba (2009)


Deseño gráfico e ilustracións

• Logotipo e publicidade para INTE (Instituto de Novas Técnicas do Ensino).Santiago. 1987.
• Ilustracións para o libro “Homenaxe a Xosé Mª. Díaz Castro”. XERMOLOS. Guitiriz. 1988.
• Logotipo para os calzados deportivos “STARKY”.
• Imaxe identificativa para “Amigos do Camiño Norte”. Xacobeo. 1993.
• Ilustración para a campaña “Non te deixes carretar”. Eleccións Municipais 1991.
• Realización de carteis para festas (p. ex: Festival de Pardiñas, 1988,  XERMOLOS. (Guitiriz), congresos (p. ex."PEDAGOXÍA E  INADAPTACIÓN”, Santiago. 1983), encontros (p. ex. “BAIXO A LUZ DO MINHO”.   Viana  do  Castelo.  1995),  portadas e ilustracións para revistas (p. ex.“CALAMUCANA”. Sarria. 1995), anagramas, etc.
• Obtención dunha bolsa de axuda para a creación cultural concedida pola  Consellería de Cultura co motivo da realización de Contos Infantís  Ilustrados (1995-96).
• Imaxe corporativa para “FACOSA” (Fábrica de Carbónico Ourense, S.A.). (1997).
• Felicitacións navideñas para o Concello de Ribadeo. XII-1998.
• Confección dun mapa ornitolóxico para a páxina web do Colectivo Ecologista do Salnés (www.terra.es/personal2/cesalnés).
• Deseño gráfico integral do proxecto didáctico SALNESXOGO, ideado polo
• Equipo de Normalización Lingüística do Salnés (2001).
• Etiquetas identificativas para a Adega de Albariño “Casa da Barca”.
• Portada e ilustracións para os números 12, 14, 15, 16, 18 e 22 da CASA DA GRAMÁTICA. Noia. 2002, 2003, 2004 e 2005.
• Ilustracións para o libro “Boca da noite”  de Ramón Caride. Colección Punto de Encontro EVEREST. 2003
• Ilustracións para o conto “O Cabo da Serpe” de Ramón Caribe. Colección Montaña Encantada. EVEREST. 2004.
• Ilustracións para o n.º 1 da revista “ARDENTÍA” editada pola Federación Galega da Cultura Marítima e Fluvial. Especial Douarnenez, VII - 2004.
• Debuxos para o xornal “Terra Chá” (III, IV, V e VI de 2005).
• Texto e ilustracións de “Tanta Miga e a súa barriga”. Col. Xiz de cor. BAIA EDICIÓNS. 2005
• Texto e ilustracións de “Plexiflai non foi ao festival”. Col. Rañaceos. Ed. EVEREST. 2006
• Cartel de animación á lectura. Asociación de Libreiros de Pontevedra. 2006
• Cartel anunciador do Certame Literario AVILÉS DE TARAMANCOS. Noia (2006-07)
• Felicitacións de Nadal para Establecimientos Otero de Cambados (XII-2006)
• Portada e contraportada de ENORMIC BANDA. Equipo de Normalización Lingüística do Salnés (V-2007)
• Deseño da Carta Gastronómica de Restaurante Montero. Vilalba (Lugo) (2007)
• Portada e ilustracións para "A derradeira campaña do capitán Samuel" de Mario Franco Rodríguez. Ed. TOXOSOUTOS. Noia, 2007
• Ilustración para a exposición "O Medo". Salón do Libro. Pontevedra, 2007
• Felicitacións de Nadal para Establecimiento Otero de Cambados (XII-2007)
• Etiqueta identificativa do Albariño "Casa da Calzada"
• Ilustración para a exposición "Vida e Milagres do Conde Santo". Patrimonio do Concello de Vilanova de Lourenzá (2008)
• Texto e ilustracións para o libro promocional da Mariña lucense: "Aventura na Mariña" editado pola Dirección Xeral de Turismo (Consellería de Innovación e Industria. 2008)
• Felicitación de Nadal para Establecimientos Otero de Cambados (XII-2008)
• Participación no Políptico de Nadal editado pola asociación CANDEA con poemas de R. Cabanillas (XII-2008)
• Ilustracións para o caderno "Polo Salnés con Ramón Cabanillas", editado por CANDEA coa colaboración da Consellería de Medio Rural. 2009
• Ilustracións para o libro "Osorio Gutiérrez, o Conde Santo de Vilanova de Lourenzá". Texto de Carlos Andrés González Paz. Editado polo Concello de Lourenzá. VIII-2009
• De acuarelas por Santiago. Editorial CUMIO, 2010. Libro en formato caderno de viaxe que fai un percorrido por Santiago a través de acuarelas acompañadas dun breve texto explicativo de cada localización.
• Ruta Pardo de Cela (TRASLUZ, Lugo, 2010). Texto de Carlos Andrés González Paz. Libro de acuarelas en formato caderno de viaxe no que se mostran algunhos dos puntos de maior interese paisaxístico e patrimonial dos 5 concellos que integran a Ruta Pardo de Cela.
• Deseño da tarxeta de Nadal para Establecementos Otero. Cambados (XII-2010)
• Portada do libro "O Hospital Asilo de Vilalba, orixes dunha obra colectiva" de Xosé Pombo Mosquera (Vilalba, XII-2010)
• Ilustracións para o libro "Homenaxe a Daniel Cortezón" VVAA (Ribadeo, III-2011)
• "Pulgastel" Editorial EVEREST. Colección Ler é vivir (2011) (texto e ilustracións de Eduardo Baamonde)
Cambados. Factoría K de Libros. (X-2012). Caderno de acuarelas para percorrer Cambados.
• Felicitación de Nadal para Establecimientos Otero (XII-2012)
• Realización do cartel para a LXI Festa do Albariño de Cambados (VII-2013)


Cadernos de viaxe

No ano 2008 publícase
Aventura na Mariña (Consellería de Industria. Fundacións Comarcais da Mariña), libro promocional desta comarca luguesa -mestura de libro infantil ilustrado e banda deseñada- no que o texto e os debuxos de Baamonde
destacan os valores patrimoniais, gastronómicos, paisaxísticos e culturais de todos os concellos que integran a Mariña.

No ano 2009, coincidindo co 50º do pasamento de Ramón Cabanillas, a Consellería de Desenvolvemento Rural e a Asociación CANDEA publican
Polo Salnés con Ramón Cabanillas, libro no que os poemas do gran escritor cambadés acompáñanse das
acuarelas e debuxos de Baamonde facendo un percorrido por todo este val.

No ano 20l0 sae á luz unha nova publicación en formato caderno de viaxe:
De acuarelas por Santiago (Edicións do Cumio) no que Baamonde realiza tanto as acuarelas como os breves textos explicativos de cada localización.

Tamén no 2010 publicouse o caderno
Ruta Pardo de Cela (TRASLUZ-LUKUS) con texto de Carlos Andrés González Paz e acuarelas de Eduardo Baamonde. Neste caso o percorrido artístico recolle os puntos de maior interese turístico dos concellos de Foz, O Valadouro, Alfoz, Mondoñedo e Lourenzá.

No 2012 sae á luz
Cambados, caderno con vocación de guía editado por Factoría K de Libros en colaboración co Concello desta vila e no que se recolle unha coidada selección das acuarelas feitas ao longo de varios anos por Baamonde.

No 2013 publícanse outros dous novos cadernos de viaxe, nesta ocasión a cargo da Asociación Cultural Casa das Letras:
Ribadeo e Camiño Norte. Este último contou co apoio do Plan Xacobeo da Xunta de Galicia.

No 2014 sae á luz o caderno
O Grove, acuarelas-watercolours, editado en versión trilingüe por Todogrove edicións.

Polos seus traballos nesta faceta de caderno de viaxe foi seleccionado para participar na XIII Biennale de Carnet de Voyage de Clermont Ferrand (XI-2012), a feira máis importante a nivel internacional desta especialidade

No 2014 sae o caderno A Mariña de Lugo, publicado pola Mancomunidade da Mariña e a Casa das Letras.

No 2015, tamén co apoio do Plan Xacobeo, a Asociación Cultural Casa das Letras, edita o caderno adicado ao
Camiño Primitivo.

En agosto de 2015 publícase o caderno de acuarelas
Vilalba e A Terrachá, editado polo IESCHA coa colaboración da Deputación de Lugo.

En decembro de 2015 sae
De acuarelas por Pontevedra, editado por Almacén de Fábulas con textos de Ángeles Tilve Jar.

En xuño de 2016 publícase
De acuarelas por Viveiro, editado por Almacén de Fábulas e co limiar Emilio Xosé Ínsua.

En agosto de 2016 publícase
O Salnés en acuarelas, editado por Almacén de Fábulas en colaboración coa Mancomunidade do Salnés e co limiar de Ángel Candelas.



Deseño e montaxe

• Debuxos e maquetación para a Exposición, “VIII Centenario do Pórtico da Gloria”. Santiago. (IX-1988); xunto con Tomás Fernández e Carlos López.